We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

I

by Espiño

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

1.
Rebobina 02:39
En sete lances despreciei a miña vida Parei un chisco e case me deu por pensar “Rebobina, dalle á cinta cara atrás” Se tomas isto alcanzarás a gloria en vida Estoutra pílula fará verche voar Rebobina, pasa a cinta cara atrás A todo isto só dicirche o que imaxinas Respira fondo e non esquezas razoar Rebobina, pasa a cinta cara atrás E deixarás as patillas medrar E chegarás a ver que clarearán Tampouco é tan grave Se non tés medo a rebobinar
2.
Sen dúbida, Florinda, adoro o teu humor Co teu humor, Florinda, eu ríome mellor O sol contigo chega con claro resplandor Os días fai felices, Florinda trae amor Florinda trae amor O que che pasa é que es moi lento e non pillaches o humor de Florinda O que me pasa é que non sei como dicirche que é un nivel superior O que che pasa é que es moi lento e non pillaches o humor de Florinda Florinda trae amor Florinda trae amor Degoiro de Florinda é o que tendes vós Se un día ti faltaras que sería de nós
3.
Ó mirar cara atrás sen deixar de xirar Cantas voltas farán Que esmoreza o danzar O cesar paseniño do bo latexar Fixo ó ouro murchar Deixou de coruscar Cantos momentos deixamos pasar Neses lugares que non volverán Para ben ou para mal Morre o dourado danzar Que ninguén crea que sexa mellor tornar Pero si reparar No que poida pasar O dourado danzar chega pronto ó final Recollede o feiral Que só quede un puñal Cantos momentos deixamos pasar Neses lugares que non volverán Para ben ou para mal Morre o dourado danzar
4.
Louro 07:06
Louro Curvilíneas formas compoñen a túa silueta Louro Misterioso monte tupido de toxo e maleza Louro En Noia ten sona o segredo da túa beleza Louro Solpores infindos debuxan a cor desas pedras Louro Por San Xoán En Xalfas lembran A cidade asolagada En tempos das fadas e os mouros Louro Louro Castelos, tesouros, piratas e congros nas lendas Louro Un día teremos que subir busca-la capela
5.
Foi no verán quente do oitenta e dous Todos estaban xogando ó balón O sol abafante A bola no aire Un obxecto distante Nos paralizou O obxecto alongado ten forma de habano Verticalmente leva horas parado Alleos ó caso Seguimos xogando Saque de esquina Non entrou Ovnis no Val do Dubra Avanzada a tarde andabamos xa cansos Miramos ó ceo en procura do habano Alí só ficaba O sol rutilando Así coma veu Desapareceu
6.
Pronto heiche engaiolar Tal vez mañá Dixo o pícaro ó marchar Nunca terme poderás Non me enfeitizarás Dixo a muiñeira sen máis El abre os beizos Sae un conxuro Maledicta eris, me nisi amaveris Logo a un rei quixo trampear Co obxecto de engordar O seu miserento caudal Mais a conselleira real Previndo as forzas do mal Firme, ergueuse para actuar Sae dos seus ollos Un sortilexio Fulminouno e correu ó muíño E xuntas fuxiron Xuntas fuxiron

about

Tódalas cancións compostas, escritas e arranxadas por Alfonso Espiño.
Gravado, mesturado e masterizado en Compostela entre xaneiro e marzo de 2017.
Producido por Alfonso Espiño e Gerardo Amigo.
Técnico de son- Gerardo Amigo.
Idea do deseño e ilustracións- Alfonso Espiño.
Maquetación- Rocío Alén.
Grazas especiais a Carmen Louro, Alfonso Espiño pai, Ana, Tono, Martín Esturao, Néstor Alonso, Chema Ríos, os Beatles e Fran Pérez.

credits

released June 1, 2017

Alfonso Espiño- baixo eléctrico, voz principal, coros, guitarras acústicas, efectos sonoros.
Alexandro González- teclados, metalófono, coros.
Brais Sánchez- guitarras eléctricas, coros.
Curro Marcos- batería.

Músicos adicionais:
Quim Farinha- violíns e violíns barítonos.
Álvaro Crego Deán- trompas e trompetas.

license

all rights reserved

tags

about

Espiño Santiago De Compostela, Spain

Espiño é o proxecto definitivo de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more

contact / help

Contact Espiño

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Espiño, you may also like: