We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Beatle Brother (maqueta)

from demo 1 (Beatle Brother) by Espiño

/

about

Composta coma mostra de agarimo e mensaxe de ánimo a Fran Pérez, Narf, falecido en novembro de 2016 posteriormente. Foi a primeira canción do proxecto Espiño en ser rematada e gravada, xunto con Florinda. Na base do tema é moi evidente a influencia dos Beatles, e especialmente a do LP Revolver (1966). En Beatle Brother pódese recoñecer que a guitarra rítmica soa moi parecida á de Taxman, mentres que o solo de guitarra invertido lembra a outras cancións dese disco coma I’m Only Sleeping ou Tomorrow Never Knows. O final en falso fade out (a banda deixa de tocar xusto ó final do mesmo) é unha pequena homenaxe a Dr Robert, tamén de Revolver, onde se traballou a mesma técnica. A parte de baixo está máis cercana á de Mean Mr Mustard, que os de Liverpool publicaron en Abbey Road (1969). Na letra cítase ós Blue Meanies, os malos da película Yellow Submarine, e a canción Please, Please Me. Todas estas referencias non están presentes de modo casual, senón que reflicten unha querencia pola música dos Beatles que compartían tanto Fran coma Alfonso.

lyrics

BEATLE BROTHER

Non te rendas Beatle brother
Por favor vouche pedir
Eu quixera Beatle brother
Transmitirche o meu sentir

Cando cantas Beatle brother
Os Blue Meanies saen de aquí
É precisa a túa harmonía
Temos moito que dicir

Aaah Beatle brother
Aaah Beatle man

Unha vez máis Beatle brother
Toma a forza que hai en min
Sei que pronto Beatle brother
Cantaremos Please, Please Me

Aaah Beatle brother
Aaah Beatle man

credits

from demo 1 (Beatle Brother), released November 14, 2016
Alfonso Espiño: tódolos instrumentos e voces/all instruments and vocals.

license

all rights reserved

tags

about

Espiño Santiago De Compostela, Spain

Espiño é o proxecto definitivo de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more

contact / help

Contact Espiño

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Espiño, you may also like: