We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Deitado na area

by Espiño

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

about

Esta nova composición orixinal de Espiño rebule con naturalidade, alegría e vibracións positivas nun mundo cada vez máis alienado e robotizado.
A "canción do verán" alternativa .

lyrics

Onte na praia deitado na area
Baixo dun sol que sorría a rabear
Fíxome cóxegas preto da orella
Unha cantiga que estaba a soar

Aquel son viña do mar
Coma un himno celestial
Ton e harmonía sen par
Eu sempre así quero estar

Cando estou lonxe comezan as penas
Pero non quero poñerme a fungar
Sigo escoitando cantos de serea
Na miña mente só quero enredar

Aquel son viña do mar
Coma un himno celestial
Ton e harmonía sen par
Eu sempre así quero estar

credits

released July 25, 2022
Alfonso Espiño: baixo e voces.
Ale González: teclados.
Brais Sánchez: guitarras.
Fran Facal: batería e percusións.
Álvaro Crego: trompetas e trompas.

Música e letra: Alfonso Espiño.
Gravado por Edu Vidal en Garaxeland entre marzo e abril de 2022.
Mesturado por Fon Botana.

license

all rights reserved

tags

about

Espiño Santiago De Compostela, Spain

Espiño é o proxecto definitivo de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more

contact / help

Contact Espiño

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Espiño, you may also like: