We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Engaiolante enfeitizante

from I by Espiño

/

about

A canción partiu de dous ou tres acordes tocados nunha onda folk con certas reminiscencias medievais.
A letra comezou querendo ser unha homaxe (outra máis!) a un ser querido, pero rematou sendo algo moi distinto. A propia natureza máxica dos personaxes permitiulles cobrar vida e cambiar a súa propia historia segundo a ía escribindo. Existe unha simetría nas existencias e comportamentos destes personaxes: dous homes e dúas mulleres con intereses ben distintos.
O conxuro foi traducido ó latin por Néstor Alonso, e está envolto nunha secuencia de acordes saída case directamente do averno, mais a súa capacidade maléfica é neutralizada polo poder dunha muller que remata fuxindo co obxecto do desexo de quen o lanzase.
As trompetas do final confirman ese aire medieval, mentres que o traballo do baixo quíxose acercar ó de JJ Burnel, toda vez que a coda atópase envolta por un órgano serpeante.

lyrics

Pronto heiche engaiolar
Tal vez mañá
Dixo o pícaro ó marchar
Nunca terme poderás
Non me enfeitizarás
Dixo a muiñeira sen máis

El abre os beizos
Sae un conxuro
Maledicta eris, me nisi amaveris

Logo a un rei quixo trampear
Co obxecto de engordar
O seu miserento caudal
Mais a conselleira real
Previndo as forzas do mal
Firme, ergueuse para actuar

Sae dos seus ollos
Un sortilexio
Fulminouno e correu ó muíño

E xuntas fuxiron
Xuntas fuxiron

credits

from I, released June 1, 2017
Alfonso Espiño: baixo eléctrico, voz principal
Brais Sánchez: guitarras eléctricas, coros
Alexandro González: teclados
Curro Marcos: batería
Álvaro Crego Deán: trompetas

license

all rights reserved

tags

about

Espiño Santiago De Compostela, Spain

Espiño é o proxecto definitivo de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more

contact / help

Contact Espiño

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Espiño, you may also like: