Flores, tambores e ilusións

by Espiño

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

      €1 EUR  or more

     

about

Partindo dunha progresión de acordes que se me asemellaba a algunha canción de ska, este tema foi completado o 25 de abril, significativamente o aniversario da Revolución dos Cravos portuguesa. "Flores" está influida polos movementos sociais deste momento conflictivo que vivimos, á vez que propón unha cadencia rítmica de corte estival coa que Espiño inaugura o verán de 2017. Os principais atractivos da canción son a harmonía vocal a tres voces e os diversos efectos sonoros que trufan os seus escasos tres minutos.
Gravada os días 14 e 19 de xuño por Martín Esturao nos Bungalow Studios de Santiago de Compostela.
Producida por Alfonso Espiño.

lyrics

Flores, tambores e ilusións
Dame flores, tremores e rebelións
Quero flores, tambores e ilusións

Flores, para regalarche amores
Tambores, para levantar clamores
Ilusións

Cores, rumores e distorsión
Máis licores, calores e descontrol
Vexo dores, temores e destrución

credits

released June 21, 2017
Alfonso Espiño: voz principal, baixo eléctrico, guitarras acústicas, carillón caseiro, maracas.
Alexandro González: voz baixa, teclados.
Brais Sánchez: voz aguda, guitarras eléctricas.
LAR Legido: batería.

tags

license

all rights reserved

about

Espiño Santiago De Compostela, Spain

Espiño é novo proxecto de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more

contact / help

Contact Espiño

Streaming and
Download help

Redeem code