We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Louro

from I by Espiño

/

about

Louro pretende constituir unha homenaxe á rama materna da miña familia, ainda que o motivo principal da canción sexa unha loa ó accidente xeográfico que nos deu ese nome.
A idea da composición xurdiu nunha noite de insomnio metido na cama. Mediante mnemotecnia, conseguín lembrar os intervalos melódicos e acordes, así coma case toda a primeira parte da letra da canción. Á mañá seguinte gravei unha maqueta co resultado, e pouco despois rematei a letra despois de ler un par de blogs referentes a lendas galegas, entre as que se narraban as correspondentes ó lugar de Xalfas e a súa lagoa, ós pés de Montelouro.

lyrics

Louro
Curvilíneas formas compoñen a túa silueta
Louro
Misterioso monte tupido de toxo e maleza
Louro
En Noia ten sona o segredo da túa beleza
Louro
Solpores infindos debuxan a cor desas pedras
Louro

Por San Xoán
En Xalfas lembran
A cidade asolagada
En tempos das fadas e os mouros
Louro

Louro
Castelos, tesouros, piratas e congros nas lendas
Louro
Un día teremos que subir busca-la capela

credits

from I, released June 1, 2017
Alfonso Espiño: baixo eléctrico, voz principal, gravacións de campo
Brais Sánchez: guitarras eléctricas, coros
Alexandro González: teclados, coros
Curro Marcos: batería

license

all rights reserved

tags

about

Espiño Santiago De Compostela, Spain

Espiño é o proxecto definitivo de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more

contact / help

Contact Espiño

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Espiño, you may also like: