O dourado danzar

from by Espiño

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

about

Esta pequena peza de folk rock protosinfónico tamén levaba tempo na miña cabeza, alomenos a parte musical.
Engadinlle unha letra nostálxica e fatalista, correspondente á época actual, e tamén foi levemente inspirada nos peches de varios locais comerciais de Compostela nese momento (outono do 2016).

lyrics

Ó mirar cara atrás sen deixar de xirar
Cantas voltas farán
Que esmoreza o danzar

O cesar paseniño do bo latexar
Fixo ó ouro murchar
Deixou de coruscar

Cantos momentos deixamos pasar
Neses lugares que non volverán
Para ben ou para mal
Morre o dourado danzar

Que ninguén crea que sexa mellor tornar
Pero si reparar
No que poida pasar

O dourado danzar chega pronto ó final
Recollede o feiral
Que só quede un puñal

Cantos momentos deixamos pasar
Neses lugares que non volverán
Para ben ou para mal
Morre o dourado danzar

credits

from I, released June 1, 2017
Alfonso Espiño: baixo eléctrico, guitarras acústicas de seis e doce cordas, voz principal
Alexandro González: teclados
Curro Marcos: batería
Álvaro Crego Deán: trompa
Quim Farinha: violíns, violíns barítonos

license

all rights reserved

tags

about

Espiño Santiago De Compostela, Spain

Espiño é novo proxecto de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more

contact / help

Contact Espiño

Streaming and
Download help

Redeem code

If you like Espiño, you may also like: