We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Sen d​ú​bida, Florinda

from I by Espiño

/

about

Florinda foi unha das primeiras cancións en seren completadas para o proxecto Espiño, xunto con Beatle Brother. Concebiuse coma unha ironía en contra da contundencia e seguridade con que algúns medios de comunicación manipulan a realidade á súa conveniencia. Florinda é unha metonimia.
A melodía vocal e a letra da primeira parte xurdiron simultaneamente e de xeito automático durante a composición, logo de ler un xornal. O son do baixo está grandemente influido polo de Ace Kefford, con algunha inclinación polas líneas de Colin Moulding.
A segunda parte comeza con motivos sydbarretianos para desembocar nunha explosión power pop ó estilo de The Who.

lyrics

Sen dúbida, Florinda, adoro o teu humor
Co teu humor, Florinda, eu ríome mellor

O sol contigo chega con claro resplandor
Os días fai felices, Florinda trae amor
Florinda trae amor

O que che pasa é que es moi lento e non pillaches o humor de Florinda
O que me pasa é que non sei como dicirche que é un nivel superior
O que che pasa é que es moi lento e non pillaches o humor de Florinda
Florinda trae amor
Florinda trae amor

Degoiro de Florinda é o que tendes vós
Se un día ti faltaras que sería de nós

credits

from I, released June 1, 2017
Alfonso Espiño: baixo eléctrico, voz principal, efectos de guitarra
Brais Sánchez: guitarra eléctrica, coros
Alexandro González: teclados, metalófono
Curro Marcos: batería

license

all rights reserved

tags

about

Espiño Santiago De Compostela, Spain

Espiño é o proxecto definitivo de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more

contact / help

Contact Espiño

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Espiño, you may also like: