We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Ovni sobre o Val do Dubra

from I by Espiño

/

about

Baseada nun feito real acontecido a finais dos anos setenta na aldea de Nariño, Val do Dubra, a historia desta canción foime confiada por un dos seus protagonistas.
Cun estilo freakbeat bastante cercano a algunhas gravacións de Electric Banana, parte da melodía das estrofas pode lembrar ó xeito de cantar de Bibiano.
Unha vez feita a maqueta, o testigo do avistamento escoitouna sen saber que eu estaba traballando na canción, recoñecendo que a inquedante atmósfera daquela tarde de verán fora fielmente recollida no tema.

lyrics

Foi no verán quente do oitenta e dous
Todos estaban xogando ó balón
O sol abafante
A bola no aire
Un obxecto distante
Nos paralizou

O obxecto alongado ten forma de habano
Verticalmente leva horas parado
Alleos ó caso
Seguimos xogando
Saque de esquina
Non entrou

Ovnis no Val do Dubra

Avanzada a tarde andabamos xa cansos
Miramos ó ceo en procura do habano
Alí só ficaba
O sol rutilando
Así coma veu
Desapareceu

credits

from I, released June 1, 2017
Alfonso Espiño: baixo eléctrico, voz principal, coros, feedback
Brais Sánchez: guitarras eléctricas
Alexandro González: teclados
Curro Marcos: batería

license

all rights reserved

tags

about

Espiño Santiago De Compostela, Spain

Espiño é o proxecto definitivo de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more

contact / help

Contact Espiño

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Espiño, you may also like: