1. |
Rebobina
02:39
|
|
||
En sete lances despreciei a miña vida
Parei un chisco e case me deu por pensar
“Rebobina, dalle á cinta cara atrás”
Se tomas isto alcanzarás a gloria en vida
Estoutra pílula fará verche voar
Rebobina, pasa a cinta cara atrás
A todo isto só dicirche o que imaxinas
Respira fondo e non esquezas razoar
Rebobina, pasa a cinta cara atrás
E deixarás as patillas medrar
E chegarás a ver que clarearán
Tampouco é tan grave
Se non tés medo a rebobinar
|
||||
2. |
Sen dúbida, Florinda
03:35
|
|
||
Sen dúbida, Florinda, adoro o teu humor
Co teu humor, Florinda, eu ríome mellor
O sol contigo chega con claro resplandor
Os días fai felices, Florinda trae amor
Florinda trae amor
O que che pasa é que es moi lento e non pillaches o humor de Florinda
O que me pasa é que non sei como dicirche que é un nivel superior
O que che pasa é que es moi lento e non pillaches o humor de Florinda
Florinda trae amor
Florinda trae amor
Degoiro de Florinda é o que tendes vós
Se un día ti faltaras que sería de nós
|
||||
3. |
O dourado danzar
01:52
|
|||
Ó mirar cara atrás sen deixar de xirar
Cantas voltas farán
Que esmoreza o danzar
O cesar paseniño do bo latexar
Fixo ó ouro murchar
Deixou de coruscar
Cantos momentos deixamos pasar
Neses lugares que non volverán
Para ben ou para mal
Morre o dourado danzar
Que ninguén crea que sexa mellor tornar
Pero si reparar
No que poida pasar
O dourado danzar chega pronto ó final
Recollede o feiral
Que só quede un puñal
Cantos momentos deixamos pasar
Neses lugares que non volverán
Para ben ou para mal
Morre o dourado danzar
|
||||
4. |
Louro
07:06
|
|
||
Louro
Curvilíneas formas compoñen a túa silueta
Louro
Misterioso monte tupido de toxo e maleza
Louro
En Noia ten sona o segredo da túa beleza
Louro
Solpores infindos debuxan a cor desas pedras
Louro
Por San Xoán
En Xalfas lembran
A cidade asolagada
En tempos das fadas e os mouros
Louro
Louro
Castelos, tesouros, piratas e congros nas lendas
Louro
Un día teremos que subir busca-la capela
|
||||
5. |
|
|||
Foi no verán quente do oitenta e dous
Todos estaban xogando ó balón
O sol abafante
A bola no aire
Un obxecto distante
Nos paralizou
O obxecto alongado ten forma de habano
Verticalmente leva horas parado
Alleos ó caso
Seguimos xogando
Saque de esquina
Non entrou
Ovnis no Val do Dubra
Avanzada a tarde andabamos xa cansos
Miramos ó ceo en procura do habano
Alí só ficaba
O sol rutilando
Así coma veu
Desapareceu
|
||||
6. |
Engaiolante enfeitizante
04:32
|
|
||
Pronto heiche engaiolar
Tal vez mañá
Dixo o pícaro ó marchar
Nunca terme poderás
Non me enfeitizarás
Dixo a muiñeira sen máis
El abre os beizos
Sae un conxuro
Maledicta eris, me nisi amaveris
Logo a un rei quixo trampear
Co obxecto de engordar
O seu miserento caudal
Mais a conselleira real
Previndo as forzas do mal
Firme, ergueuse para actuar
Sae dos seus ollos
Un sortilexio
Fulminouno e correu ó muíño
E xuntas fuxiron
Xuntas fuxiron
|
Espiño Santiago De Compostela, Spain
Espiño é o proxecto definitivo de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia. ... more
Streaming and Download help
If you like Espiño, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp